martedì, 18 dicembre 2012

Bowmore 12 anos



[Bowmore 12]
Single Malt
Islay
12 anos
Embotellado pola destilería
40,00% vol



Todo mundo ten unha historia de extremos con Islay; ou ben un flipa e se fai fanático da brasa de turba ou ben lle parece unha cousa noxenta e logo acaba colléndolle gusto. Eu debo de ser da terceira vía, porque o primeiro Islay que probei parecíame de fume, froita e aceite de fritir, nin repulsivo nin me cambiaba a vida. Logo funlle vendo o lado marítimo e un inverno sen un destes xa non é o mesmo. O primeiro que probei foi un Bowmore de 12 anos, e hoxe volvo mirar a ver como está.

Dourado escuro, brillante e matizado. No nariz o fume está presente pero non é para nada protagonista (en xeral o perfil está máis preto de Highland Park que de Lagavulin). Polo lado dos aromas de froita, onde, p.ex. Laphroaig ten melón aquí hai mazá e manga moi ben fundidas entre si, e con apuntamentos de uz (e máis, cítrico?), e certo ton dóce (hai quen fala de mel; eu nin nego nin afirmo). Aparecen tamén puntos de mar (arenque? algo de anchova?), que un preferiría que fosen máis fortes pero estar están. Precisión e franqueza.

Boca cálida, non pedraalumbre, de entrada cereal que pasa a amosar os aromas do nariz, tamén aquí enxertados uns nos outros. Final que vai secando e engadindo matices máis iodados (por un momento mesmo azafrán) e algún vexetal. Boa mostra, e ben tecida, da illa tirando pola banda moderada, e por complexidade dá para explorar máis (vou mercar a botella).

3 commenti:

  1. Estamos encantanos coñecer a túa opinión. A verdade é que todavía non probamos tódolos whiskis que temos na web :) (ainda menos mal) é estamos encantados de haber coñecido o teu blog onde falas de moitos deles e que sexas da nosa terra !!
    Deixamoste a nosa web a ver se nos podes dar a tua opinón sincera http://www.smartbites.net
    Estamos traballando nun apartado de Colección, xa che avisaremos cando estea listo.


    Unha aperta
    Marta

    RispondiElimina
  2. Por certo este o temos no catálogo:

    http://www.smartbites.net/es/product/whisky_bowmore_12_anos
    :)

    RispondiElimina
  3. Pois eu encantado de coñecer máis xente do país que traballa con estas cousas, sobre todo vendo que tedes o Glengoyne de 17 e o Old Pulteney.

    Veña, que vaia ben!
    Paco

    RispondiElimina