domenica 1 marzo 2009

BenRiach Arumaticus Fumosus





Single Malt

Speyside

12 anos

Embotellado pola destilería

46,00% vol


Parece que se trata dunha edición remadurada/acabada/etc. en envase especial (neste caso de ron escuro xamaicano) da versión afumada de BenRiach. Tendo isto en conta, o primeiro que impacta deste whisky é a palidez do color: cor palla con notas aceiradas, que indican unha boa proporción de barricas de terceiro uso polo menos (o que non ten por que ser para nada unha mala cousa vistos os excesos que se teñen ambotellado nos últimos anos). No nariz temos un golpe de fume ben evidente pero que non encobre a personalidade do destilado, cheo de banana (madura e verde) con matices herbáceos que lle achegan frescura e mais certos atisbos de disolvente. Na boca preséntase algo similar, cun ataque importante pero non excesivo de turba que dá paso á banana con dozura e con matices de pera antes de volver rexurdir (a turba, digo), cun ton seco e secante no que sen desaparecer a banana se expande o fume con feluxe, algo de plátano e mesmo algo de embutido afumado.
Non podo valorar o impacto do ron pola miña completa ignorancia nese campo (quitando os combinados baratos con cola que un toma cando é novo e esas cousas todas), pero tanto o color como o feito de que o perfil do whisky quitando o fume e mutatis mutandis ten o aire de familia do BR de 12 anos fan supoñer que non puido ser moi agresivo e que máis ben fai acentuar os trazos que xa se atopaban no carácter da casa.

3 commenti:

amauta ha detto...

algunha recomendación para aturar o que se nos vén enriba??

Un combinado de prozac con algun destilado?

Saúdos!

Whiskeiro ha detto...

home, eu véxoo así: as mercan e venden. Talisker permanece.

Whiskeiro ha detto...

Home, eu véxoo así: as multinacionais mercan e venden. Talisker permanece.