
Single malt
Speyside
Embotellado pola destilería
40,00% vol
37,95 €
A cor na copa é de ouro vello, sen chegar ó ámbar nin ó cobre, con brillos algo máis claros. O nariz é aberto, con dous centros de gravidade: o afroitado e as especias. O primeiro deixa percibir sobre todo un carácter cítrico (laranxa) e de froita de óso, e o segundo achega importantes notas de vainilla, da canela que indican nas notas de cata e posiblemente comiño, máis un certo matiz de uz. Na boca entra cálido pero suave, bastante pulido e cun corpo moi equilibrado. Aparece de novo a froita de óso do nariz con algo do cítrico e coa infantería de especias que agora se estende polo medio e o final, momentos nos que se fan presentes tamén notas claras de xerez, con pasificados e froitos secos (noz, améndoa?) e un punto de café con leite. En termos xerais, é un whisky amable, saboroso e non exento de complexidade que se lle pode poñer, p. ex., a un sogro que normalmente non beba single malt.
