giovedì 29 maggio 2008

The Balvenie DoubleWood 12 anos



Single malt

Speyside

Embotellado pola destilería

40,00% vol

37,95 €

Levaba tempo sen escribir porque aínda me queda material que trafegar, pero a xente de SMC tivo a bondade de me mandar un pouco deste biodiesel que non tomaba desde había un par de anos, polo que lles estou moi agradecido, así que aquí vai o comentario en fresco.
A cor na copa é de ouro vello, sen chegar ó ámbar nin ó cobre, con brillos algo máis claros. O nariz é aberto, con dous centros de gravidade: o afroitado e as especias. O primeiro deixa percibir sobre todo un carácter cítrico (laranxa) e de froita de óso, e o segundo achega importantes notas de vainilla, da canela que indican nas notas de cata e posiblemente comiño, máis un certo matiz de uz. Na boca entra cálido pero suave, bastante pulido e cun corpo moi equilibrado. Aparece de novo a froita de óso do nariz con algo do cítrico e coa infantería de especias que agora se estende polo medio e o final, momentos nos que se fan presentes tamén notas claras de xerez, con pasificados e froitos secos (noz, améndoa?) e un punto de café con leite. En termos xerais, é un whisky amable, saboroso e non exento de complexidade que se lle pode poñer, p. ex., a un sogro que normalmente non beba single malt.

2 commenti:

Jose luis Louzan ha detto...

Non sei si cho dixeron moito pero gracias por este espacio e volcar nel o teu coñecemento.

Para os que non temos casi nin idea e unha gloria unha minima orientación fundamentada na proba.

Pois nada, a seguir adiante...

Whiskeiro ha detto...

Boas Jose Luis.

Grazas polo comentario. O meu coñecemento é tirando a escaso, pero trátase de compartir. A ver se agora que remata o verán volvo ó ataque.

A coidarse