
Single Malt
Illas (Orkney)
12 anos
Embotellado pola destilería
40,00% vol
33,95 €
Caso chistoso dun whisky que ten todo o que un single malt escocés pode ter (fume notable, uz, malte, algo de xerez...) pero feito nun lugar complicado de encaixar no mapa etnográfico-turístico de Escocia (as Orcadas). En fin, indo á cuestión: color ambarino cobrizo. No aroma aparece claramente, e xa ó destapar a botella, fume fresco cun certo matiz que só se me ocorre describir como piche. Este tinglado empireumático salpica un marcado carácter de uz e de torta de mazá (concretamente, e sobre todo cunha pinga de auga, fai pensar na xelatina que queda por riba das mazás da torta ou das mazás asadas) sobre un fondo malteado que algúns catadores describen como "mel". Na boca vanse alternando todos estes descriptores (fume, torta de mazá, uz, malte, mel?, nota de xerez?) con vigor pero sen estridencias e cun grande equilibrio e proporción dos compoñentes. Como dixen antes, ten todo o que se lle pode pedir a un single malt escocés para dar e tomar pero todo sumamente coidado: non é unha bomba de fume como os do sur de certa illa pero si que farda de afumado; non ten o afroitado de algún Speyside, pero tampouco carece de froita, nin anda escaso de peso e carácter nin tampouco de tons florais.
0 commenti:
Posta un commento