domenica 10 febbraio 2008

Torres 20 Hors d'age


Brandy

Embotellado por Torres

Parellada (segundo algunhas fontes tamén ugni blanc)

Carballo Limousin

40,00% vol

30 €

Esta vez, e posiblemente sentando precedente, saio da parcela do whisky para me meter nos berenxenais do destilado de viño, por varios motivos: tamén me gusta o brandy (e a cervexa, e o viño, e o chocolate, e a música de Rameau, e...), son un defensor da biodiversidade (gastrodiversidade?) e a miña avoa tivo a bondade de me regalar esta botella. En fin, rematados os prolegómenos, imos ó choio: cor cobre con reflexos ambarinos. No nariz, franco, con notas florais (pronunciadamente de lilas), de ameixas (pasas e damascenas moi maduras), especiadas e cun fondo de vainilla e pastelería con moi subtís matices de madeiras nobres que ó ir rematando a copa se van tomando un certo ton de incenso. Estas impresións confírmanse na boca onde se fan especialmente presentes as ameixas e as lilas e, sobre todo, as especias, que fan fronte común nun claro carácter de comiño. O corpo está caracterizado por unha notable amabilidade contrastada con pinceladas do carballo que quedan subsumidas no mencionado carácter de comiño.

0 commenti: