
Single Malt
Illas (Skye)
10 anos
Embotellado pola destilería (DIAGEO)
45,80% vol
33,75 €
o whiskario dun galego con pretensións de bonvivant

Single Malt
Illas (Skye)
10 anos
Embotellado pola destilería (DIAGEO)
45,80% vol
33,75 €

Single Malt
Irlandés
Sen indicación de idade
Embotellado pola destilería
40% vol
24,25 €
Dourado bastante claro. No nariz, o protagonismo pricipal é o da turba, potente e contrastante co resto de whiskies irlandeses, acompañada de diversos matices: por unha parte está o compoñente floral, que se move entre a uz (un descriptor común e ecoculturalmente moi oportuno entre os whiskies europeos) e a violeta, e, por outra, está un elemento de disolvente e banana con bordes de vainilla, e todos estes van interactuando na copa. Ó padal é amplo, potente, cun carácter malteado, cremoso, amanteigado, que cobre e enche o toda a boca ó mesmo tempo que se solta unha bafarada de fume longa e persistente que marca o retronasal e deixa no medio unha certa nota de regalicia. En suma, é un estilo diametralmente oposto ó que pode ser un Speyside como o que comentei a semana pasada; neste caso estamos diante dun whiskey aberto, agreste, que case ameaza con repetir despois de bebelo. Con todo, o feito de que non se poida describir como elegante non quere dicir que sexa agresivo, xa que a súa cremosidade o fai amable dentro da súa potencia e tendo en conta a notable presenza da turba (se ben pode non ser do agrado de todo o mundo pola intensidade do fume).

Single malt
Speyside
12 anos
Embotellado pola destilería (DIAGEO)
40% vol.
32,70 €