
Single Malt
Illas (Skye)
10 anos
Embotellado pola destilería (DIAGEO)
45,80% vol
33,75 €
Dourado intenso entrando no ambarino. No nariz, moi franco, destacan xa dous dos elementos que compoñen o carácter deste whisky: o malte e a turba, ambos intensos e complexos, con matices que se van intercalando e que deixan ver notas especiadas e mariñas. Unha vez que entra na boca, cóbrea completamente, con vigor e corpo. É un whisky moi dóce, pero esta dozura vese perfectamente equilibrada (aínda que ó mellor "equilibrada" non é o termo máis adecuado para unha sapidez así de marcada), despois dunha especie de pausa no padal na que un está á espera a ver o que pasa, por dous complementos: a xenerosa dose de turba e mais un ton picante (si, dixen "picante") que medran in crescendo ata estoupar en toda a cavidade bucal e na gorxa para despois irse esvaecendo entre notas iodadas (serán cousas da suxestión, pero un non pode evitar pensar nunha onda rompendo na Costa da Morte). Unha experiencia que un sempre queda con ganas de repetir, sobre todo en días de frío. Vese que é parente dos Islays, potente, turboso e costeiro pero sen tanta nota química/medicinal (isto non é un xuízo, é unha descrición). Imperativo coñecelo.
0 commenti:
Posta un commento