Velaquí o primeiro post deste tinglado que, fundamentalmente, leva a declaración de intencións e pouco máis. Visto que o espazo blogueiro galego non tiña cuberta unha disciplina fundamental para o europeo civilizado como é a augardente que leva o nome de whisky ou whiskey, un servidor decídese a contribuir a solventar o problema montando unha bitácora na que o que pretendo é ir colgando notas de cata de whiskies que, por algún motivo ou por outro, me parezan dignos de comentario. Por certo, comprobarase que teño unha forte preferencia polos whiskies destilados en alambique de pote (pot-still), ben sexan single malt ou non (como os pure pot still irlandeses); en parte é por esnobismo (¿quen non ten un pouco?), pero ¿hai alguén que non pense que todo blend estaría mellor se lle tirasen o whisky de columna?
Non sei con que periodicidade poderei ir engadindo notas, porque son de natural nugallán e, ademais, para poder adquirir as mostras de cata, teño que dedicarme a actividades máis lucrativas (a tradución, concretamente), mais procurarei amplialo con frecuencia e, posiblemente, poñendo unha versión en castelán [nota: isto xa está en marcha en www.megustaelwhisky.blogspot.com]. Ah, e, ademais da opción de comentarios, poño no perfil o enderezo de correo-e, porque non só é cousa de soltar as propias barrenadas senón tamén de saber o que pensa outra xente ou axudar no que un poida (que non é moito).
En fin, sláinte maith.
venerdì 14 dicembre 2007
Iscriviti a:
Commenti sul post (Atom)

4 commenti:
Noraboa pola iniciativa. Agardo que sexa un proxecto a longo prazo.
Un saúdo
Pois moitas grazas. Iso agardo eu tamén (salvo que o médico decida outra cousa).
Feliz ano
Buena iniciativa. Afortunadamente el gallego no es el vasco y se puede entender para un castellanoparlante.
Por cierto ¿sabes quién distribuye Caol-Ila en España?.
Un saludo,
MEM
acabo de ver que había un comentario sin responder; disculpa la tardanza, no es descortesía sino despiste.
Caol Ila está, al igual que Lagavulin e tutte quante, en manos de Diageo. En plan minorista, si no tienes ninguna otra fuente cerca, está www.lafuente.es.
Un saludo
Posta un commento